martes, 5 de febreiro de 2019

Liña de tempo

Tarefa:


O TEXTO DESCRITIVO: A descrición do barrio da Moureira (As características do texto descritivo, a descrición de lugares, modelos).
  • Liña do tempo:
    • A evolución do barrio: arquitectura e paisaxe (descrición cronolóxica en imaxes).
    • Feitos históricos máis destacables no barrio.
    • Personaxes históricos do barrio.
  • Modelos:




Tarefa realizada por: Marta Barragáns, Hugo Bea, Alba Fernández, David González e Javier Santos de 4 ESO A.

Liña de tempo




Tarefa realizada polo grupo de Andrea Tilves, de 4º de ESO C

Liña de tempo


Tarefa realizada por Julia Trabazos, Iago Tomé, Sergio Bouzas, Pablo Ajuria e Alejandra Platero de
4º de ESO A

Liña de tempo

Proxecto: “A Moureira. Un barrio con memoria”


Proxecto colaborativo e interdisciplinar a partir da historia cívico-social do barrio de A Moureira. Buscamos ampliar, crear coñecementos e material curricular (lingüístico-literario, tecnolóxico... ) a partir do traballo arredor dos feitos e personaxes de sona no barrio.

Os produtos da tarefa serán:
  • Publicación dunha revista dixital cos resultados dos materiais elaborados (Descricións: liña de tempo, vídeo, Exposicións: exposión oral, podcast...) e resultados das investigacións de temática xeral, literaria, léxica e histórica. ( O esplendor do barrio nos séculos XV e XVI, a pesca e a salgadura, os navegantes, o Colón galego...).
  • Creación dun triptico que recolla o léxico seleccionado relacionado coa pesca e a salgadura ( os tecnoletos, os nomes das embarcacións, das artes de pesca, dos peixes...).
  • Creación dunha antoloxía dixital de textos literarios relacionados co barrio de san Roque. p { margin-bottom: 0.25cm; direction: ltr; line-height: 120%; text-align: left; } 

    Comtemplamos a participación en encontros con profesionais do ámbito da historia do barrio, encontros con escritores, coa asociación de veciños, realizar un roteiro literario polo barrio e colaborar con actividades de normalización lingüística.

    No proxecto participan 90 alumnos e alumnas de 4º de ESO A, B, C .
    Na actuación están implicados a profesora de Lingua galega e literatura ( coordinadora), as profesoras de TIC (asesoras informáticas) e o profesor (titor) de Educación Física que imparten aulas en 4º de ESO polo que se trata dun proxecto de grupo e interdisciplinar.
    A continuación un dos vídeos descritivos elaborados polo alumnado:

martes, 8 de xaneiro de 2019

A Moureira. Un barrio con memoria.

O proxecto que imos desenvolver este curso 2018/19 dentro do marco dos contratos programa, actuación de Excelencia Académica para o alumnado de 4º de ESO A,B e C nas materias de Lingua Galega e literatura, Economía e TIC é:

A Moureira. Un barrio con memoria.

O proxecto consiste na realización de tarefas e na elaboración de produtos que nos favorezan aplicar dun xeito práctico os estándares de aprendizaxe das materias e ao tempo acheguen ao alumnado ao traballo cooperativo, á procura documental e á realización de proxectos que servan para mellorar as súas destrezas e capacidades e coñecer o seu barrio, o barrio no que se ubica o noso instituto, o vello barrio de A Moureira.






Resultado de imaxes para ies sanchez canton

Este proxecto encádrase dentro do programa "Contratos Programa 2018/19" na actuación de excelencia académica:
 "Potenciar as facultades e o talento dos estudiantes con altas capacidades de rendemento do noso centro de ensino entra dentro dos obxectivos que se pretenden acadar co desenvolvemento da LOMCE e esta é unha das razóns para a posta en marcha do proxecto que presentamos aos contratos programa. Formar novos perfís de profesionais para o futuro que presenten non só habilidades cognitivas senón tamén competencias como o pensamento crítico, a creatividade ou a capacidade de comunicar, e actitudes clave como saber traballar colaborativamente, estar alfabetizados mediaticamente e en información, a autonomía para crear e desenvolver proxectos innovadores complementan as razóns para esta actuación ."