martes, 8 de xaneiro de 2019

A Moureira. Un barrio con memoria.

O proxecto que imos desenvolver este curso 2018/19 dentro do marco dos contratos programa, actuación de Excelencia Académica para o alumnado de 4º de ESO A,B e C nas materias de Lingua Galega e literatura, Economía e TIC é:

A Moureira. Un barrio con memoria.

O proxecto consiste na realización de tarefas e na elaboración de produtos que nos favorezan aplicar dun xeito práctico os estándares de aprendizaxe das materias e ao tempo acheguen ao alumnado ao traballo cooperativo, á procura documental e á realización de proxectos que servan para mellorar as súas destrezas e capacidades e coñecer o seu barrio, o barrio no que se ubica o noso instituto, o vello barrio de A Moureira.






Resultado de imaxes para ies sanchez canton

Este proxecto encádrase dentro do programa "Contratos Programa 2018/19" na actuación de excelencia académica:
 "Potenciar as facultades e o talento dos estudiantes con altas capacidades de rendemento do noso centro de ensino entra dentro dos obxectivos que se pretenden acadar co desenvolvemento da LOMCE e esta é unha das razóns para a posta en marcha do proxecto que presentamos aos contratos programa. Formar novos perfís de profesionais para o futuro que presenten non só habilidades cognitivas senón tamén competencias como o pensamento crítico, a creatividade ou a capacidade de comunicar, e actitudes clave como saber traballar colaborativamente, estar alfabetizados mediaticamente e en información, a autonomía para crear e desenvolver proxectos innovadores complementan as razóns para esta actuación ."