Proxecto
colaborativo e interdisciplinar a partir da historia cívico-social
do barrio de A Moureira. Buscamos ampliar, crear coñecementos e
material curricular (lingüístico-literario, tecnolóxico... ) a
partir do traballo arredor dos feitos e personaxes de sona no barrio.
Os
produtos da tarefa serán:
-
Publicación dunha revista dixital cos resultados dos materiais elaborados (Descricións: liña de tempo, vídeo, Exposicións: exposión oral, podcast...) e resultados das investigacións de temática xeral, literaria, léxica e histórica. ( O esplendor do barrio nos séculos XV e XVI, a pesca e a salgadura, os navegantes, o Colón galego...).
-
Creación dun triptico que recolla o léxico seleccionado relacionado coa pesca e a salgadura ( os tecnoletos, os nomes das embarcacións, das artes de pesca, dos peixes...).
- Creación dunha antoloxía dixital de textos literarios relacionados
co barrio de san Roque.
p { margin-bottom: 0.25cm; direction: ltr; line-height: 120%; text-align: left; } Comtemplamos a participación en encontros con profesionais do ámbito da historia do barrio, encontros con escritores, coa asociación de veciños, realizar un roteiro literario polo barrio e colaborar con actividades de normalización lingüística.No proxecto participan 90 alumnos e alumnas de 4º de ESO A, B, C .Na actuación están implicados a profesora de Lingua galega e literatura ( coordinadora), as profesoras de TIC (asesoras informáticas) e o profesor (titor) de Educación Física que imparten aulas en 4º de ESO polo que se trata dun proxecto de grupo e interdisciplinar.A continuación un dos vídeos descritivos elaborados polo alumnado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario